Rever en directoEl grupo REVER de Santiago de Compostela (www.reverweb.com) ha ganado el concurso el seleccionado para abrir a LOKILLO en las fiestas de MILLADIRO (Ames a 5 minutos de Santiago).

” O seu veredicto deu como vencedor do certame ao grupo compostelán Rever. En segundo lugar quedou a banda Kogito cunha maqueta de sonoridade Reggae e en terceiro os doomers Shroud of tears.

Todos levan premio. Shroud of tears abrirá a noite e recibirá un sobre con 200 euros. Kogito actuará en segundo lugar e levará 300 euros de premio. Por último Rever terá 500 euros en metálico, a posibilidade de gravar unha maqueta e, por suposto, a honra de darlle paso a Loquillo no escenario do Millarock ’06. Os tres grupos poderán interpretar seis cancións cada un. Cando menos tres terán que ser en galego.”

“O Millarock ’06, que se celebrará o venres 4 de agosto, é a antesala das festas da Madalena. Segundo o concelleiro de Cultura, poñer os concertos do Millarock ’06 o venres “é unha colaboración complementaria da que xa mantemos coa comisión de festas, dado que desta maneira é como se houbese un día máis de festa pensado exclusivamente para o público mozo”.

O Millarock ’06 desenvolverase no contorno do centro sociocultural e os concertos serán de balde.”

http://concellodeames.org/comunicacion/nova.php?lg=gal&id_nova=579

http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=27&idNoticia=53422