CONSULTA A AXENDA COMPLETA DOS CASTROCONCERTOS

¿Que son?

  • A culminación dunha actividade formativa e de lecer deseñado para xóvenes músicas/os amateurs da cidade,que están a dar os primeiros pasos no mundo da música.
  • Concertos ao aire libre no escenario situado ao carón da pista de bicicletas do Parque de O Castro, que se celebran os sábados en horario nocturno, con entrada libre e gratuíta, e no que actuan grupos musicais fundamentalmente de xente moza de Vigo e que na maioría dos casos son usuarias/os dos locais de ensaio da Concellería de Xuventude.
  • Os CastroConcertos abordan todo tipo de estilos musicais: experimental, hip-hop, rock, metal, etc… estando deseñados como concertos temáticos.
  • Unha iniciativa do programa de lecer xuvenil “Súbete ó Castro”, que ten como unha das súas principais liñas de actuación o ámbito musical, sendo sede dun dos locais de ensaio municipais e que ofrece ao longo do ano cursos gratuítos de formación musical (guitarra, teclado, batería, baixo eléctrico e vogalista) no que este ano se incribiron case 150 mozas e mozos.

¿Cales son os obxectivos?

  • Promocionar aos grupos músicais de xente moza da cidade, ofrecéndolles unha plataforma para presentar a súa creación, apostando pola enerxía creativa da xuventude viguesa.
  • Ofrecer unha actividade moi atractiva con música en directo e ao aire libre, nun enclave natural excepcional como é o Parque de O Castro en pleno centro da cidade, ao conxunto da mocidade de Vigo, como unha alternativa de lecer saúdable.

Os CastroConcertos en cifras:

Grupos que actuaron en edicións anteriores

Ano 2005 Ano 2006
28 grupos en 13 concertos. 25 grupos en 14 concertos.
Asistencia global en edicións anteriores
Ano 2005 Ano 2006
700 persoas aprox. en 13 concertos 900 persoas aprox. en 14 concertos.

Grupos que participarán na edición 2007

34 grupos* en 18 concertos.

Nº de músic@s que se subirán ao escenario na edición 2007

136 músic@s aprox. formando parte de 34 grupos.

*Por confirmar.
Etiquetas: ,
Entradas relacionadas